
Quero presentarvos a ELA Interiorismo, un estudo do que formamos parte Eva e Noelia, duas interioristas encantadas de traballar no que máis nos gusta.
Tamén contamos con distintos profesionais de diferentes gremios colaboradores do estudo.
O noso traballo consiste en dar forma ás túas ideas e levalas a cabo dunha forma eficaz e atractiva, e aínda que pareza imposible, economizando sen sacrificar calidade nin deseño.
Exposicións:
Como boas interioristas, encántanos a arte en todas as súas vertentes.
É por iso que dispoñemos dun espazo no estudo para que distintos artistas expoñan a súa obra, tanto de fotografía, como de pintura, ilustración etc, apoiando dese xeito a artistas galegos.
Neste apartado deixámosvos as exposición actual. Podedes pasar a vela cando queirades.