Inicio

Servizos

O Estudo

Proxectos

Contacto

A Fábrica de Nikis en Sanxenxo

Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Sanxenxo
Dara: 2017
Fotografía: Suso Rivas

¿Cal era o reto deste proxecto?

Nesta ocasión atopámonos co reto de deseñar unha tenda destinada á exposición e venda para a empresa A fábrica de Nikis, situada na localidade de Sanxenxo.

¿Como o solucionamos?

Local situado no porto de Sanxenxo no que se quixo integrar a esencia da contorna dentro da proposta de deseño, todo iso sen renunciar á estética da marca A fábrica de Nikis.

Como punto de partida tívose en conta integrar tanto as cores como a esencia da marca.

O azul e o branco como cores principais e os metais e madeira “crúas´´ como materiais que predominan na composición.

Pensouse nunha composición no que o mostrador/expositor é o núcleo central da tenda. Ao redor deste, sitúanse os diferentes andeis e soportes para a exposición do produto.

En canto ao tema da iluminación, creamos un armazón decorativo no teito realizado a partir de tubaxes empatadas unhas con outras das que colgan lámpadas. A partir de aí combinamos cunha luz ambiental escondida nas placas do foseado do teito, focos encaixados e algún foco orientable de superficie co que pechamos a proposta de iluminación.

A sensación final é entrar nun local marcado por unha estética industrial, fresca e lixeira.