Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2017
Fotografía: Suso Rivas
Cal era o reto deste proxecto?
Nesta ocasión atopámonos co reto de deseñar unha tenda dedicada a todo o referente ás nosas mascotas, tanto en produto de hixiene, roupa e alimentación con servizo de salón de peiteado e spa na zona do ensanche de Santiago de Compostela. Local de 126m2 no que tiñamos que respectar uns condicionantes básicos de conservación de elementos protexidos do edificio xa que o local atópase nas Casas de Ramírez.
¿Como o solucionamos?
No interior do local tiñamos que distribuír o espazo en 2 zonas ben diferenciadas, unhas de carácter privado e de traballo e outro de tránsito público que se dividirá da seguinte maneira, unha zona de auga (Spa) e doutra banda unha zona de tenda na que os cans puidesen transitar libremente cando viñesen cos seus donos.
Ao tratarse dunha reforma integral, tivéronse moito en conta os materiais cos que tiñamos que traballar. A zona de augas (Spa) é unha zona de traballo húmido onde optamos por unha solución de chan vinílico antiescorregadizo de fácil limpeza, resistente á auga e aos resbalones. Na zona de tenda optamos por mesturar dous elementos, por unha banda unha tarima de madeira e por outro integramos un elemento decorativo, unha alfombra de baldosas hidráulicas auténticas de distintos deseños da firma Mosaic do Sur que lle achegará carácter á estética do local.
O deseño dos mobles está pensado para ir acorde con cada un dos espazos e as necesidades de cada sección en particular. Trátase dunha composición na que predominan liñas suaves e limpas.
Usáronse 3 cores principais para resolver a solución visual estética, o branco, o azul e o dourado para acentuar e resaltar detalles puntuais dentro do deseño e a composición.