Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2017
Fotografía: Suso Rivas
¿Cal era o reto deste proxecto?
Recrear un escaparate do Nadal e orixinal reutilizando na medida que se puidese material doutras obras e/ou montaxes.
¿Como o solucionamos?
A idea foi montar unha escena inspirada nas casas nevadas e doces dos contos de nadal.
Neste caso realizouse a decoración a man transformando uns churros de piscina para elaborar as piruletas igual que para os paus de caramelo, en canto aos muíños e piruletas de mazá usaremos follas de goma eva de purpurina que previamente moldearemos e coseremos.
Como base da escena e para crear un efecto nevado, usaremos unha guata branca.
Para a base das piruletas grandes usaremos anacos de paus de obra forrados con tea branca sobrante tamén da montaxe doutros escaparates.
Nesta ocasión as cores utilizadas (vermello, branco e lila) son os mesmos que os utilizados na imaxe corporativa da empresa.