Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2016
Fotografía: Suso Rivas
¿Cal era o reto deste proxecto?
Recrear un escaparate do Nadal e orixinal reutilizando material doutras obras.
¿Como o solucionamos?
Co sobrante dunhas madeiras de obra, encargouse o encolado e montaxe dunha estrela de madeira que usaremos como base para a realización da nosa árbore do Nadal. Á devandita peza de madeira engadímoslle unhas alcayatas de onde pasariamos un a un os fíos de trapillo que irían suxeitos a unha estrutura en forma de grella existente no escaparate.
Elixiuse unha cor por cada aspa da estrela e ían tensados os fíos para que se formase finalmente un colorido árbore do Nadal en suspensión.
Co sobrante dos tacos de madeira e co trapillo fixemos uns paquetitos que colocamos no chan a modo de agasallos da árbore.