Inicio

Servizos

O Estudo

Proxectos

Contacto

Farmacia en Ourense

Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: Ebanistería Allariz
Localización: Ourense
Data: 2011
Fotografía: Suso Rivas

¿Cal era o reto deste proxecto?

Esta vez atopámonos co reto de deseñar unha farmacia de máis de 200m2 no centro de Ourense, un encargo moi completo e complexo, xa que abarca moitos espazos diferentes onde todos teñen que estar conectados entre eles e localizar de forma rápida o produto que buscas, sendo esta unha farmacia grande e con moita diversidade de produtos, o reto non era sinxelo.

¿Como o solucionamos?

A primeira zona está encadrada nunhas cerchas de madeira, creando a sensación dunha cuberta de casiña de madeira, onde aproveitamos as paredes para crear os andeis de produtos correctamente colocados e indicados para a súa rápida localización.

Se nos mergullamos no local, atopámonos co resto de zonas onde buscamos diferencialas co deseño de mobiliario, creando para cada unha delas algo diferente pero coa mesma esencia, e achegando continuidade.

Ao mesmo tempo, xogamos co material do chan e cos acabados en zonas puntuais para diferenciar as zonas.

Outra parte importante para locais tan grandes como esta farmacia e con mercadoría tan diversa, é a cartelería xa que con ela visibilizamos o produto dunha forma rápida e sinxela.

Pero sobre todo, creamos un espazo acolledor e rechamante.