Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Muros
Data: 2019
Fotografía: Suso Rivas
¿Cal era o reto deste proxecto?
Nesta ocasión atopámonos co reto de deseñar un espazo polivalente, para o uso dos alumnos do IES Fontaxería en Muros. A proposta era conseguir darlle vida e colorido a un espazo tanto de tránsito como de recreo.
¿Como o solucionamos?
Este proxecto tiña o obxectivo de facer de dous espazos de transito e xogo, un lugar de recreo e descanso que resultase atractivo e dinámico.
A primeira intervención foi a elección dun chan que fose resistente, antiescorregadizo e colorido. Neste caso utilizouse un chan vinílico en dúas cores distintas. Esta decisión cumprirá dúas funcións, por unha banda delimitar o espazo de lecer, e doutra banda marcar os percorridos de acceso ás aulas e acceso á saída do centro.
Nas zonas marcadas nunha verde lima, atopamos unha zona de puffs de cores que servirán tanto de elemento estético como funcional.
Os espazos convidan á reunión e ao descanso dunha maneira desenfadada e fresca. Optamos por combinar 4 cores (amarelo, laranxa, verde lima e violeta) que combinados coa nova cor dos piares crean un espazo divertido e acolledor. Tamén se continuou coa cor dos piares polas instalacións a teito coa intención de unificar elementos. O resto da estancia pintouse nunha cor branca que combinado co resto de cores achega moita luminosidade á contorna. Ademais de panelar as portas e paredes de acceso á cafetería e aseos en madeira de abeto para darlle continuidade con recepción e conseguir dar calidez a un espazo tan grande.