Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2017
Fotografía: Suso Rivas
¿Cal era o reto deste proxecto?
Nesta ocasión este encargo Do Nadal vén da man da xerencia do Centro Comercial Área Central. A idea era recrear un espazo onde a árbore de nadal sexa o protagonista integrándoo nun contexto narrativo.
¿Como o solucionamos?
A árbore é un clásico en calquera estampa do Nadal pero nesta ocasión, queriamos darlle un significado de reunión.
Para iso creouse unha mesa de nadal, colocada a modo perimetral con respecto á localización da árbore, onde se recrea a cea dos traballadores e compañeiros de Papá Nöel, neste caso, unha cea para os elfos.
Para iso montouse unha mesa onde non podían faltar os agasallos, pero tamén a vaixela do Nadal e elementos decorativos que visten a mesa para celebrar este acontecemento. Realizáronse a man, muíños de vento, piruletas de cores e macetas con flores de pascua.
Nun dos laterais situamos a cadeira de Papá Nöel onde este recibe aos nenos e onde tamén colocamos a caixa de correos para que todas as cartas cheguen a tempo antes do esperado día.
A árbore decorouse cunha combinación de luces (de cor azul), e bólas (azuis e douradas).