Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: Construcciones Abelenda
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2019
Fotografía: Suso Rivas
¿Cal era o reto deste proxecto?
Nesta ocasión atopámonos co reto de deseñar un salón de peiteado situado no casco antigo de Santiago de Compostela. O salón de peiteado consta de tres plantas no que o espazo de intervención será a planta a pé de rúa ou planta 0.
¿Como o solucionamos?
A planta baixa do edificio é o primeiro punto de traballo do salón de peiteado, no devandito punto conseguimos proxectar, postos de traballo en seco, zona de lavado, zona de espera e zona de cobranza e atención ao público.
A estética e a toma de decisión das gamas de cor foron baseadas na proposta gráfica que xa tiñamos previamente.
O dourado era unha cor para ter en conta ao que engadiriamos a madeira de carballo e pequenos toques de negro que conseguirán enmarcar as zonas.
O mobiliario foi deseñado na súa totalidade partindo desas premisas.
As luminarias utilizadas neste proxecto son moi importantes, estamos a falar de espazos onde se mesturan tinguiduras para posteriormente aplicalos no cabelo dos clientes e polo cal se debe conseguir unha reprodución cromática similar á luz natural.
Como elemento singular, destacamos a solución que separa a zona de auga coa zona de secado. Este peculiar rastrelado a modo de caixa, conta coa integración dunha ilustración da ilustradora Beatriz de Naranjalidad.