Inicio

Servizos

O Estudo

Proxectos

Contacto

Vivenda Santiago Salón Comedor

Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2016
Fotografía: Suso Rivas

¿Cal era o reto deste proxecto?

Nesta ocasión o reto era cubrir nun mesmo espazo todas as necesidades demandadas polos clientes. Un salón, un comedor, unha zona de recepción con almacenaxe de abrigos e unha pequena vinoteca e preparación de cocktail.

¿Como o solucionamos?

Para iso, aproveitouse a propia xeometría da estancia e creáronse 4 zonas ben diferenciadas, zona de entrada, zona de salón, zona de comedor e unha pequena zona de almacenaxe de viños e preparación de cocktails.

Os clientes tiñan claro que querían un espazo que reflectise a súa personalidade e que cubrise as súas necesidades sen renunciar a unha solución estética.

As liñas que predominan na composición son xeométricas, limpas e simples e xógase con 3 tons principais (o branco, o azul e o ton natural da madeira de carballo) e algunha pincelada de cor achegando contraste (amarelo mostaza).

Por unha banda o salón foi amoblado cunha firma da tenda Nobel Muebles e o resto do mobiliario deseñámolo a medida e executado polo noso colaborador Carpintería Rueiro.

A destacar, a solución baixo escaleira que realizamos cumpre dobre función. Por unha banda, separar a zona do comedor e doutra banda xerar un espazo de almacenaxe e colgue.

Elemento realizado cun armazón de rastreles de madeira de carballo natural que ten pola súa cara interna integrados uns colgadoiros para os abrigos.