Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: A Coruña
Data: 2019
Fotografía: Suso Rivas
¿Cal era o reto deste proxecto?
Nesta ocasión atopámonos co reto de redeseñar un local de 55m2 destinado á restauración situado no corazón da cidade da Coruña. Por unha banda, o local funciona como xamonería e vinoteca e doutra banda tamén ofrece a venda ao público de embutidos e produtos gourmet.
¿Como o solucionamos?
O proxecto baseouse nunha revisión estética do que xa había previamente. A distribución formal seguirá sendo a mesma co que a intervención será maiormente o deseño de mobiliario e unha procura da solución estética máis adecuada ofrecendo unha proposta distinta ao que xa había.
Como cor principal destacamos o verde, este vai ser o fío condutor en todo o local xa que tanto na zona pública como nas máis privadas predominará este ton. A proposta pasa desde o cambio estético do local ata tamén a revisión do logo que terá forza no interior do local.
Como material principal utilizamos a madeira que combinamos coa cor verde e cunhas barras corrugadas para darlle unha aire máis industrial ao local. As tapicerías tamén a medida serán de cor verde.
Como elementos decorativos subliñamos dous, por unha banda recreamos unha parra nun armazón a teito nun recuncho do local. E doutra banda creamos un panel de madeira decorativo e acuñado coas formas dos elementos que asociamos á actividade que aquí se desenvolve. Para conseguir un efectismo maior no panel, habemos retroiluminado desde a traseira da peza para destacar o contraste entre fondo e forma conseguindo un xogo de luces e sombras na devandita parede.