ELA interiorismo
o importante está no interior
contract
Un dos nosos fortes son os locais! Creamos espazos diferentes, deseñados exclusivamente para o teu negocio.
Potenciamos o servizo ou a mercadoría que ofreces dunha forma sinxela e rechamante, conseguindo unha imaxe propia.
Co proxecto de deseño entregamos a planimetría necesaria para a súa realización, incluíndo as imaxes en 3D para que visibilices antes da obra o resultado do deseño.
E se queres que o levemos a cabo, xestionamos e diriximos a obra cos nosos profesionais colaboradores, empresas cunha alta experiencia e profesionalidade.
Unha imaxe diferenciadora, sexa cal sexa o sector, achega personalidade, coidado e mimo ao local, ademais dun posible referente á hora de destacar entre a competencia.
escaparatismo
Neste servizo poñemos á túa disposición toda a nosa creatividade, pensando e deseñando en primeiro lugar a idea, para despois levala a cabo elaborando as pezas necesarias manualmente se non existen no mercado, conseguindo desta maneira espazos máis orixinais e persoais.
Como sabedes o principio básico do escaparate é chamar a atención, así que o noso obxectivo será que o cumpra.
vivenda
Deseñamos a túa vivenda completa ou parte dela. Cun primeiro programa de necesidades, basearémonos nos teus gustos e as túas prioridades..
Estudamos todo o referente ao espazo, a distribución, a iluminación, os acabados, o mobiliario, e creamos un deseño completamente novo, ou aproveitando o que xa tes.
Temos acceso a calquera material, tanto a través de firmas como de empresas colaboradoras, ademais dos nosos propios deseños.
Co proxecto de deseño entregamos a planimetría necesaria para a súa realización, incluíndo as imaxes en 3D para que visibilices antes da obra o resultado final.
E se queres que o levemos a cabo, xestionamos e diriximos a obra cos nosos profesionais colaboradores, empresas cunha alta experiencia e profesionalidade.
asesoramento
En pouco máis dunha hora conseguirás enfocar mellor as túas ideas tras a nosa visita á túa vivenda ou empresa.
In situ, valoraremos os puntos débiles do teu espazo e explicarémosche como convertelos en fortes.
O custo deste asesoramento é por hora, empezando por 50€ a primeira e 30€ as seguintes da mesma visita no caso de que sexan necesarias (orzamento para vivendas), e 80€ hora no caso de empresas.
Os clientes que fixeron o asesoramento puideron aclarar as ideas e as dúbidas que tiñan, realizando posteriormente os cambios falados con maior seguridade e satisfacción.
¿Como o facemos?
Achegando a nosa experiencia e profesionalidade, conseguimos dar forma ao teu proxecto, tanto funcional, como atractivo e personalizado, sempre cumprindo as necesidades dos clientes.
Partindo das túas ideas e gustos, elaboramos propostas que optimicen o teu espazo e o teu orzamento. Contarás cun profesional que desde o principio pode axudarlle a aforrar tempo e diñeiro.
Deseñamos, baseándonos nas túas necesidades, tanto para locais como para vivendas ou estancias concretas. Aproveitando o que xa tes, ou buscando algo totalmente novo.
Con iso entregamos planimetrías e infografías 3D para previsualizar o resultado do deseño, ademais dun dossier cos acabados escollidos, elementos decorativos, mobiliario, luminarias… sempre de acordo co cliente.
3
Xestionamos, para facer realidade o desenvolvemento da idea, os distintos orzamentos de profesionais e materiais, con prezos moi competitivos. Temos á nosa disposición todo o que hai no mercado, por iso conseguimos o que queremos.
Diriximos, para unha eficaz execución, encargámonos de dirixir e coordinar aos profesionais colaboradores do estudo, conseguindo con iso economizar tempo (e por tanto diñeiro) para o cliente.