Inicio

Servizos

O Estudo

Proxectos

Contacto

Maravalla – Tenda de Cosméticos

Proxecto: ELA interiorismo
Dirección de obra: ELA interiorismo
Localización: Santiago de Compostela
Data: 2015
Fotografía: Suso Rivas

¿Cal era o reto deste proxecto?

Esta vez atopámonos co reto de deseñar unha tenda de xabóns no corazón do casco antigo de Santiago de Compostela. Local de apenas 30m2 no que tiñamos que respectar uns condicionantes básicos de conservación de elementos protexidos do edificio.

¿Como o solucionamos?

No interior do local tiñamos un condicionante estético que inspirou en certa medida a posterior proposta final da tenda. Atopámonos cun teito cunha presenza moi marcada xa que a decoración tanto das cornixas como do florón central seguen unha estética con liñas de inspiración neoclásica.

Proxectouse un deseño con liñas xeométricas limpas e orgánicas, o uso do círculo ou a redondez marcan a estética principal da composición.

En canto á cor e á textura, decidiuse optar por tons suaves, relaxantes e frescos. A madeira de abeto achega a naturalidade e calidez que mesturado cun verde mint conseguiuse unha sensación de limpeza e lixeireza.

A iluminación no interior do local sempre é un punto moi importante a desenvolver, xa que con iso conseguimos mellorar unha experiencia de compra máis satisfactoria. Para iso alternamos dous tipos de iluminación.

Por unha banda e remarcando o perímetro do teito decorado, utilizouse unha iluminación indirecta e ambiental e para o centro da tenda colocouse unha luminaria suspendida.

Para iluminar o produto colocouse un tipo de iluminación máis técnica, conseguida cuns flexos que iluminan de forma directa o produto e que doutra banda conseguiron manter a calidez da estética xeral do local.